empresarias galicia_logo 10 aniversario_web
empresarias-galicia_cursos-xunta-portada
13/09/2026

Catro cursos gratuítos para coidar a vosa saúde laboral, co apoio da Xunta de Galicia

Boas noticias para todas as autónomas, empresarias e traballadoras de Galicia: Empresarias Galicia conseguiu unha subvención da Xunta de Galicia para poñer en marcha un programa formativo centrado en algo que moitas veces deixamos nun segundo plano, o coidado da nosa saúde no traballo, tanto a física como a psicolóxica.

A axuda chega dentro do programa de Accións de Fomento da Prevención de Riscos Laborais da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e vainos permitir ofrecer catro cursos totalmente gratuítos, en formato online, para que poidades formarvos ao voso ritmo, dende onde queirades.

Non é a primeira vez que dende a asociación apostamos por este tipo de iniciativas, xa que forma parte do noso compromiso dende hai anos coa seguridade e o benestar das persoas traballadoras, e esta vez chega cun enfoque moi completo, que vai dende a xestión do estrés ata os primeiros auxilios, pasando por hábitos saudables e o dereito a desconectar.

Os catro cursos, un a un

Prevención de riscos psicosociais (40 horas – 6 a 31 de xullo): un curso moi completo para entender que son o estrés, o burnout ou o mobbing, como se desenvolven e, sobre todo, como previlos, tanto para nós mesmas como para quen nos rodea no traballo.

empresarias-galicia_curso-xunta_prevencion-riscos-psicosociais

Desconexión dixital (10 horas – 7 ao 16 setembro): porque o dereito a desconectar existe e convén coñecelo ben. Este curso repasa a normativa vixente e dá claves prácticas para separar mellor o tempo de traballo do tempo de descanso.

empresarias-galicia_curso-xunta_desconexion-digital

Primeiros auxilios (30 horas – 7 a 30 setembro): unha formación pensada para que calquera poida actuar con seguridade e soltura ante unha emerxencia, con contidos moi visuais e prácticos. 

Hábitos de vida saudable: exercicio, alimentación e descanso (25 horas – 1 a 20 outubro): ideas e ferramentas para coidar a alimentación, manterse activas e durmir mellor, con pequenos cambios que marcan a diferenza no día a día.

Quen se pode apuntar?

Están abertos a persoas traballadoras en activo ou en situación de desemprego, autónomas, delegadas e delegados de prevención, recursos preventivos e persoas traballadoras designadas que asuman con medios propios a acción preventiva da súa empresa. Vamos, que se traballades ou queredes reforzar a vosa formación nesta materia, seguramente tendes un oco.

Como apuntarse?

Se vos interesa algún dos cursos (ou todos!), podedes escribirnos ou chamarnos:

Correo electrónico: info@empresariasgalicia.com
Teléfono: 722 144 430
Web: www.empresariasgalicia.com

As prazas son limitadas, así que non o deixedes para o último momento. 

Tamén podes cubrir o seguinte formulario e poñerémonos en contacto contigo para formalizar a inscrición:

Más noticias de Empresarias Galicia

Proyecto financiado por la Unión Europea - NextGenerationEU

Logo PRTR tres lineas COLOR e1675247359130 1024x286 1
ES Financiado por la Union Europea POS 1024x301 1

Convenios

Frame 4
Frame 5
Frame 6
Frame 7
Frame 8